3.2 LENDAS DE SERPES

3.2 Lendas de serpes

Lenda do mozo e da cobra

Aquí había un rapaz que tódolos días ía ao monte co gando. Un serán viu que por embaixo dunha laxe lle sae unha cobra, mais tanto lle gustou que lle deu migallas do seu pan. Fixéronse amigos e tódolos días xantaban o panciño xuntos, e o rapaz xogaba coa cobra e agarimaba nela. O mozo foi ao servicio e cando voltou o primeiro que fixo foi correr ao monte para ollar a súa cobriña; chegou alá, asubiou como acostumaba outrora, e saíu a cobra, mais tan longa, e grosa, que o mozo colleu medo. A cobra non recoñeceu ao rapaz, botouse a el, ensarillouno e matouno. Mais cando o tiña morto reparou nel, recoñeceuno e aflicta botouse ao mar e morreu afogada