AS LENDAS

2.1 Definición

A lenda é unha narración oral ou escrita que ten unha maior ou menor proporción de elementos imaxinativos e que se quere facer pasar por verdadeira. Normalmente transmítese de xeración en xeración, sufrindo modificacións.


Conten case sempre un núcleo histórico, cun maior ou menor grao de elementos imaxinativos. A aparición destes elementos adoita depender de motivacións involuntarias, como por exemplo erros, malas interpretacións ou esaxeracións.

2.2 Características
Os personaxes das lendas adoitan ser personaxes históricos, míticos ou de civilización occidental. As súas diferenzas co conto atópanse en que o conto é máis intrascendente e non ten unha localización concreta, mentres que as lendas teñen unha difusión xeocultural, chegando a atopar lendas moi semellantes en lugares moi afastados.

2.3 TIPOS DE LENDAS
Os investigadores do Seminario de Estudos galegos ocupáronse de recoller e clasificar as lendas en:

Etiolóxicas :
Explican o nome dun lugar ou construcción, un exemplo sería a lenda que alude ó topónimo de Castro Caldelas.

Haxiógraficas:
Son as referidas á vida dun santo ou santuario, por exemplo o Santuario da Nosa Señora do Corpiño.

Históricas:
Son aquelas que están referidas a un feito do pasado, algúns teñen unha raíz popular, mentres outras son de orixe erudita.