LITERATURA POPULAR

1.1. DEFINICIÓN
A literatura popular é un conxunto de textos variados de distintos temas e xéneros, transmitidos oralmente polo pobo de xeración en xeración.

No século XX, difundiuse a través de coleccións de novelas curtas e nun papel de pouca calidade e de baixo prezo.

En Galicia, esta literatura ten unha gran importancia pola súa abundancia e polo seu interese histórico.
1.2 CARACTERÍSTICAS DA LITERATURA POPULAR
1-A transmisión oral
Debido á ausencia da imprenta, a palabra foi o único medio de transmisión oral para poder conservar a literatura popular.
2-O pobo
Consideraba estas formas literarias propias deles. Fóronse tansmitindo de xeración en xeración.
3-A brevidade
O pobo prefería as composicións breves debido a que deste modo entendíanas mellor. Por isto, ás veces chégase a eliminar e reducir o sobrante.
4-A sinxeleza
A literatura popular é sinxela tanto por dentro como na forma. Presenta unha expresividade poética.
5-Anonimato
Hai un creador inicial, que expresa os sentimentos do pobo. Outros van refacendo a obra co paso do tempo, o que se considera un ben común.
6-Variantes
Aparece un dos aspectos máis diferenciadores da literatura popular.