3.4 A Virxe
O Río Miño
Cando a Virxe andaba polo mundo co seu Neniño, chegou á beira do río Miño, e a corrente das augas producía un forte ruído que espertou ó Neno, que choraba sen consolo. A Nai, desesperada polos berros do seu fillo, dirixiuse ó río dicindo:
“Río Miño
pasa caladiño,
non despertes ó meu Neniño”
E dende aquela o río Miño corre en silencio e tranquilo.